NESTA PÁXINA DESENVOLVEREMOS UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR A COMPOSICIÓN ESCRITA.
________________________________________________________________
________________________________________________
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: O CASTIÑEIRO
______________________________________________________
A
descrición dunha imaxe do espazo
Imos facer a descrición dunha fotografía relacionada coa
exploración do espazo.
“A sonda espacial Pioneer X preto de Xúpiter”, o enlace da
foto é:
A imaxe foi sacada do blogue: http://oceanoestelar.blogspot.com/2012/03/un-punto-entre-las-
estrellas.html .
estrellas.html .
Para comezar imos facer unha serie de actividades que te
axudarán a realizar este traballo de composición escrita.
PLANIFICANDO O TRABALLO
FASE I
Primeiro,
observa a imaxe e responde:
Ø Que
elemento se ve en primeiro plano, é dicir, diante de todo?
Ø Que
hai detrás?
Ø Que
se ve ao fondo da imaxe?
Logo,
sinala como de distribúen ditos elementos na imaxe.
Á dereita:
No centro:
Á esquerda:
Despois,
clasificaas seguintes afirmacións segundo se refiran ao planeta Xúpiter ou a
sonda espacial.
- Está feita de aluminio.
- Non
se ve enteiro.
- É
moi grande.
- É
pequeña.
- Ten
raias marróns e brancas.
- No centro ten unha antena parabólica.
- Ten unha parte iluminada polo Sol.
- Arredor ten tres antenas máis.
Planeta Xúpiter:
Sonda Espacial Pioneer X:
A continuación, vas elaborar o teu guión respondendo as preguntas sobre os elementos da foto.
A continuación, vas elaborar o teu guión respondendo as preguntas sobre os elementos da foto.
PIONEER
X
|
XÚPITER
|
SOL
|
Que
é?
Como
é?
De
que está feita?
Que
ten no centro?
Que
ten arredor?
|
Que
é?
Como
é?
Como
se ve?
De
que cor é?
Que
lle pasa nunha das partes?
|
Que
é?
Como
é?
Que
posición ocupa?
Que
hai ao seu arredor?
|
Finalmente,
pensa como vas ordenar a descrición da imaxe:
- Do primeiro plano ao fondo (ou ao revés): Primeiro describes os elementos que hai en primeiro plano, despois os que hai detráse, por último, os que están no fondo.
- De dereita a escquerda(ou ao revés): Primeiro descríbense os elementos que hai á dereita, despois os que hai no centro e, finalmente, os que quedan á esquerda.
FASE
II
Borrador
Primeiro,
inicia a túa descrición cunha oración onde digas o que representa a imaxe.
Despois,
utiliza as respostas da táboa para describir cada elemento da foto e faino
seguindo a orde que escolliches( do primeiro plano ao fondo ou de dereita a
esquerda)
Debes
utilizar expresións que indiquen a localización de cada elemento: no centro,
debaixo, ao lado, á dereita, á esquerda, ao fondo…
Finalmente,
le a descrición e comproba, mirando a imaxe, que están todos os elementos
descritos, que segue unha orde lóxica e que a puntuación e a acentuación é
correcta
FASE
III
Edición.
Subila
a Agueiro.
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: O CASTIÑEIRO
______________________________________________________
TRABALLO
DE INVESTIGACIÓN : “A infanta Margarida de Picasso”
A infanta Margarida
de Pablo Picasso
Fase I: Planificación
- Observa o cadro.
·
Como se titula?
·
Quen é o autor?
·
Que representa? Faino dunha maneira abstracta ou
realista?
·
Que cores predomina nel? Que formas?
- Busca información sobre Pablo Ruiz Picasso nos seguintes enlace.
·
Data de nacemento e defunción
·
Etapas e obras principais
- Investiga sobre o cadro nos seguintes enlaces:
Cubre unha ficha cos seguintes
datos:
Tìtulo do cadro:
Lugar e ano de creación:
Tipo de pintura:
Características principais:
Serie pictórica á que pertence:
Lugar onde se atopa actualmente:
Fase II: Textualización
- Clasifica as información obtenidas nos apartados anteriores no bloque correspondente:
·
O artista
·
A serie pictórica
·
O cadro
- O borrador
- Pensa en que orde vas explicar a información que contén cada bloque: por onde vas comezar?, que vas explicar a continuación?...
- Redacta de forma clara e ordenada a información obtida nos distintos bloques.
- Pensa nos recursos que podes utilizar para acompañar as túas explicacións: fotografías, esquemas, liñas do tempo…
- Revisa o borrador antes de pasar á fase final (organización de ideas,ortografía, puntuación...)
Fase III Edición
- Ao pasalo a limpo ten en conta a distribución do espazo, marxes, limpeza…
A BIOGRAFÍA: Manuel María
Autobiografía poética de Manuel María
Eu son de Outeiro de Rei,
viliña da Terra Chá,
onde aprendín a viver
e a soñar en libertá. (...)
Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escriber.
En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡conmigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!
Casamos. Quixo o destino
-ou cecais a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.
Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros...
Profesión...¡ procurador !
Ando a exercer como tal
pro sempre usei ese oficio
dun xeito limpo e cabal. (...)
Despois de ler esta "autobiografía poética" , le as biografías do autor que aparecen nas seguintes ligazóns:
Logo, localiza a información correspondente con cada estrofa da súa autobiografía.
A continuación, ordena a información e comeza coa redacción do borrador que será revisado pola profesora.
Finalmente, pásaa a limpo e ilústraa.
___________________________________________
OS CONTOS DE MEDO
A entrada a unidade didáctica esta ao pinchar a imaxe
http://sitededicas.ne10.uol.com.br/gifs/novos_gifs3/conto-reflexivo-medo2a.gif
______________________________________________
A DESCRIPCIÓN
COMPOSICIÓN DE TEXTOS: DESCRIBIMOS UN LUGAR
OBXECTIVOS
- Describir unha paisaxe.
- Repasar o adxectivo para describir.
- Repasar preposicións e adverbios que indican lugar.
- Obsevar cadros ou litografías paisaxísticas.
A descrición dun lugar.
COMPETENCIAS
Ademais de desenvolver a competencia en comunicación lingüística contribuirá ao desenvolvemento de:
- Competencia cultural e artística.
- Tratamento da información .
- Tratamento da competencia dixital
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Observa os detalles
- Organiza ben os datos
- Utiliza conectores de lugar
- Expresa a impresión que lle produce a paisaxe.
Describir un lugar é como facer unha fotografía con palabras. Para iso hai que fixarse moi ben no que hai (obxectos, luces, cores, sons,… ) e ,despois ,dicir como é cada elemento e onde se atopa situado seguindo unha orde.
Fase I
PLANIFICACIÓN
1º Debes observar todos os detalles .
2º Elaborar unha táboa de tres columnas onde poder escribir as palabras que nos axudarán a ser claros e precisos.
CONECTORES | SUSTANTIVOS | ADXECTIVOS E COMPARACIÓNS |
Primeiro plano Segundo plano Ao fondo Xunto a Detrás de | Campo Vila Montañas Ceo | Amarelo Pequena Silenciosa Despexado AzuL Coma o mar |
3º Organizar os datos seguindo unha orde que pode ser:
- Do primeiro plano ao fondo ou do fondo ao primeiro plano.
- De esquerda a dereita ou de dereita a esquerda.
- Do xeral ao particular.
Fase II
REDACCIÓN DO TEXTO
Borrador
- Debes iniciar a descrición facendo una presentación xeral do lugar.
- Describir o lugar seguindo a orde que escolliches ao elaborar a táboa.
- Utiliza correctamente as palabras que indican situación no espazo (conectores) para indicar onde se atopa cada un dos elementos.
CORRECCIÓN E EDICIÓN
- Revisa o texto fixándote especialmente nos conectores e na ortografía.
- Pásaso a limpo. Podes incluír algún debuxo ou fotografía do lugar descrito.
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS PLANTAS
ACTIVIDADE 1: Uso medicinal das plantas.
O nome das plantas é o título do proxecto do EDLG deste curso para fomentar e potenciar a lingua galega.
Os alumnos e alumnas de 5º investigaremos o uso medicinal dalgunhas plantas.
Obxectivo: Coñecer as plantas medicinais da nosa flora.
Planificación
- 1. Buscar información sobre cada a planta para realizar unha ficha que informe sobre:
Nome científico:
Hábitat:
Propiedades medicinais
1. 2. Debaixo do nome da planta que imos investigar están os enlaces onde buscar a información.
- Carqueixa
http://www.ecobolo.com/carqueixa.html http://fernandezsendin.blogspot.com.es/2012/07/la-carqueixa-planta-medicinalvirtudes-y.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Genista_tridentata
- Rosa canina:
http://myselfmanualidades-carmen.blogspot.com.es/2012/06/continuacion-aparece-una-descripcion-y.html
http://fichas.infojardin.com/rosas/rosa-canina-escaramujo-rosal-perruno-zarzarrosa.htm
http://www.nutricionequilibrada.es/propiedades-de-la-rosa-canina-alimentos-y-salud/
- Fencho macho:
http://www.plantascurativas.com/informacion-de-la-planta-medicinal-Helecho+macho-252.html
- Fiuncho:
http://www.botanical-online.com/medicinalsfoeniculum.htm
- Herba Luisa:
http://farmacia.org.es/Plantas.html
http://www.botanical-online.com/medicinalsmarialuisacastella.htm
- Herba de san Xoán:
- Mencía:
http://farmacia.org.es/Plantas.html
- Xesta:
http://es.wikipedia.org/wiki/Cytisus_scoparius
http://www.plantascurativas.com/informacion-de-la-planta-medicinal-Retama+com%FAn-439.html
- Toxo:
- A ortiga:
http://www.botanical-online.com/lesortigues7castella.htm
- Allo:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Allo
- Carrasca, carpaza, quirugao ou brezo:
http://www.botanical-online.com/carrasca.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Calluna_vulgaris
http://www.hierbamedicinal.es/uso-terapeutico-del-brezo
http://www.natureduca.com/med_espec_brezo.php
- Eucalipto:
http://www.botanical-online.com/medicinalseucalipto.htm
http://w4.siap.sagarpa.gob.mx/AppEstado/monografias/Especias/Eucalipto.html
- Carballo:
http://www.rios-galegos.com/arb10.htm
[[http://www.riosgalegos.com/arb10.htm#O_tronco_e_a_súa_madeira|http://www.riosgalegos.com/arb10.htm#O_tronco_e_a_súa_madeira]]
- Salgueiro:
http://www.tuasaude.com/salgueiro/
http://www.botanical-online.com/medicinalssauce.htm
- O bidueiro:
http://www.rios-galegos.com/arb3.htm#BIDUEIRO
- Castiñeiro:
- A cerdeira:
- Espiño
http://www.rios-galegos.com/arb77.htm#Curiosidades:
- Faia:
- Maceira:
- A Nogueira:
http://www.botanical-online.com/nuecespropiedadesnogal.htm
- A pereira:
- Tilo:
- Tomillo
- Romero
- Manzanilla común:
http://www.misabueso.com/salud/Manzanilla
http://www.botanical-online.com/medicinalsmatricariacastella.htm
- A Popoula:
1.3. Localiza unha imaxe da planta investigada.
Edición
Redacta a ficha cos datos recollidos na vosa investigación.
Recorda que debe ir acompañada dunha imaxe.
ACTIVIDADE 2: Árbores ameazadas.
O nome das plantas é o título do proxecto do EDLG deste curso para fomentar e potenciar a lingua galega.
Os alumnos e alumnas de 5º investigaremos sobre a flora galega que está en perigo.
Obxectivo: Coñecer as plantas da nosa comunidade que están en perigo.
Planificación
- 1. Buscar información sobre cada a planta para realizar unha ficha que informe sobre:
Nome científico:
Hábitat:
Descrición:
1. 2. Debaixo do nome da planta están os enlaces onde buscar a información.
- O teixo
http://www.rios-galegos.com/arb103.htm
http://arboresgalicia.blogspot.com.es/search/label/Teixo
- O acivro
http://www.rios-galegos.com/arb14.htm
- Armenia merinoi
http://www.floravascular.com/index.php?spp=Armeria%20merinoi
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/971_tcm7-149578.pdf
- Camariña
http://es.wikipedia.org/wiki/Corema_album
- Carballo anano
http://baiaedicions.net/editorial/poderiamos-estar-ante-a-extincion-do-carballo-anano-en-galicia/
- Fento do cabeliño
http://gl.wikipedia.org/wiki/Fento_do_cabeli%C3%B1o
- Fento frisado
- Cystopteris diaphana
- Fento macho
- Fento Himenófilo de Tunbridge http://gl.wikipedia.org/wiki/Hymenophyllum_tunbrigense
- Lirio do monte
http://www.ecured.cu/index.php/Lirio_de_monte
- O acereiro
www.rios-galegos.com/arb102.htm
http://gl.wikipedia.org/wiki/Acereiro
- 3. Localiza unha imaxe da planta para ilustrar a ficha.
- Edición
Recorda que debe ir acompañada dunha imaxe.
LETRAS GALEGAS 2013
Webquest: Roberto Vidal Bolaño
Xoguemos con: Roberto Vidal Bolaño
webquest: "Imos contar dos animais"
UNIDADE DIDÁCTICA: LETRAS
GALEGAS 2012
webquest: A orixe das Letras
Galegas e Valentín Paz Andrade.
____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
UNIDADE DIDÁCTICA: O CÓMIC
Como sabes o cómic é unha narración contada a través de debuxos, xeralmente acompañadas de texto.
O texto escrito pode aparecer
- En cartelas, nas que se dá a información sobre o espazo, o tempo…no que se desenvolve a acción.
- Nos globos, onde se reproduce os diálogos ou pensamentos dos personaxes.
- Sobre o debuxo se se trata de onomatopeas.
Taller de creacción de cómic:: http://www.mejoresideas.com/taller-creacion-comic.html
O cómic(1)
ACTIVIDADE 1
Deseña un cómic a partir dun conto de tradición oral, tradicional ou inventado.
(Máximo catro tiras de tres viñetas cada unha)
1. Escribe o argumento do conto.
2. Elabora o guión borrador de cada viñeta:
VIÑETA | QUE DEBUXO? | QUE PLANO? | QUE TEXTO?ONOMATOPEA.. | BOCADILLOS UTILIZADOS?CARTELA? |
1ª Viñeta | ||||
2ª Viñeta | ||||
3ª Viñeta | ||||
4ª Viñeta |
3. Distribúe as viñetas en cada plana.
Recorda que:
- Poden ter distinto tamaño.
- Debes deixar un espazo en branco entre as viñetas.
- Pode haber algunha sen recadro.
- Debes facelo a lapis suavemente para que non queden marcas se tes que borrar.
- A plana debe quedar totalmente chea.
4. Debuxa o cómic tendo en conta o guión borrador de cada viñeta. Faino a lapis suave por se tes que borrar.
Logo cun rotulador negro de punta fina repasa os debuxos.
5. Escribe os textos a lapis:
- Letra de imprenta.
- Maior tamaño se falan alto e máis pequena se falan baixo.
- Encérraos no globo ou nunha cartela.
6. Revisa a ortografía, fixándote especialmente no uso dos signos de puntuación e repásao cun rotulador negro de punta fina.
7. Colorea os debuxos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.