jueves, 26 de mayo de 2016

VISITA A CAFÉS CANDELAS

Nuestra visita a Cafés Candelas


Fotos descolgadas




domingo, 1 de mayo de 2016

CONTOS POPULARES DE TRADICIÓN ORAL

Durante as vacacións  de  Nadal, preguntamos aos nosos familiares se lembraban algunha historia que lles contarán os seus pais. Aquelas que nos contaron recollémolas e contámolas aos nosos compañeiros/as.

Os que non conseguimos ningunha, investigamos en Internet e na bibliografía aportada polo equipo de NDL, que estaba na biblioteca do colexio.

A segunda fase deste traballo consistiu en escribilos e ilustralos na clase de lingua galega, que se converteu  nun taller de escritura ao final do segundo trimestre.










































A terceira fase foi a sesión de contacontos.




JORGE COIRA


Añadir leyenda
Sabiades que o director de cine e guionista,Jorge Coira, é de Rábade e que gañou un "Goya"?



Se picades na imaxe obteredes máis información del.


MANUEL MARÍA: BIOGRAFÍA

Autobiografía poética de Manuel María

Eu son de Outeiro de Rei,
viliña da Terra Chá,
onde aprendín a viver
e a soñar en libertá. (...)

Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escriber.

En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡conmigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!

Casamos. Quixo o destino
-ou cecais a nosa sorte-
que levemos moitos anos
con residencia en Monforte.

Nós sempre fomos galegos
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros...

Profesión...¡ procurador !
Ando a exercer como tal
pro sempre usei ese oficio
dun xeito limpo e cabal. (...)

   Despois de ler esta "autobiografía poética" , le as biografías do autor  que aparecen nas seguintes ligazóns: 
                           Ficha do autor  
                             Biografía 
Logo, localiza a información correspondente con cada estrofa da súa autobiografía. 
A continuación, ordena a información e comeza coa redacción do borrador que será revisado pola profesora.
Finalmente, pásaa a limpo e ilústraa.